Culturals
Ciutat: Vigo
Lloc: Vigo
De dilluns 28 de juny 2021, 18:30 h a 22:30 h
Comprando unha entrada Fila Cero para o Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2021, colaboras coa organización dos diferentes actos que a Asociación Nós Mesmas organiza na cidade de Vigo.
O Orgullo Crítico recompila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI.
Programación Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2021:
10/06 18.30h Pregón, Museo Marco (rúa)
10/06 19h Coloquio Movementos sociais ás marxes, con Abrir Fenda, Bloque Obreiro e Xacia Ceive de Sete Outeiros, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
15/06 19.30h Faladoiro con Mª Reimondez sobre Cobiza, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
19/06 19h Documental Vestida de azul e coloquio posterior cunha das protagonistas, Auditorio Teis (aforo limitado sen inscrición)
22/06 19.30h Memorias da Galicia LGTBI con Eva Mejuto e Daniela Fernández, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
25/06 19h Documental Noite Irisada e coloquio posterior con Nanina Santos, Xosé Buxán e Beatriz S. Briones; Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
26/06 11.30h Pedalada por unha cidade diversa e accesible (inscrición previa)
27/06 12.30h Un día en familia, Monte do vixiador (inscrición previa)
28/06 20h Manifestación "Os dereitos humanos non se negocian, lexislanse: Lei Integral Trans Xa!" Saída de Praza de España
Para consultar toda a información sobre cada evento así como o aforo e se é precisa ou non a inscrición, entra no seguinte enlace
Esta entrada é unha compra simbólica, non reserva butaca, é unha doazón para colaborar coa organización do Orgullo, todos os actos organizados son gratuítos e abertos, consulta os aforos dos diferentes eventos e se é preciso a inscrición previa para acudir.